ESTE BLOG UTILIZA IMAXES CON INTENCION EDUCATIVA E DIVULGATIVA. SE ALGUNHA ESTIVERA SUXEITA A DEREITOS DE AUTOR ROGAMOS SE NOS COMUNIQUE.

O RECUNCHO DA CIENCIA

UN PEQUENO ESPAZO NA ENTRADA DO INSTITUTO ADICADO A AMOSAR PEQUENOS EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS FEITOS POLOS RAPACES-AS.
A NOSA INTENCIÓN É ACHEGAR A CIENCIA A TODA A COMUNIDADE ESCOLAR.
DISFRUTADEO
  1. Observación de células da epiderme da cebola
        práctica feita polos alumnos-as de 3º ESO

se queredes saber como o fixeron entrade na páxina  ciencia no moncho, no blog

 

Vense moi ben as paredes celulares, propias das células vexetais, i esa mancha escura que se ve dentro da célula é o núcleo.
Neste caso o núcleo non está no centro da célula porque as células da epiderme da cebola teñen no seu interior unha gran vacúola que despraza ao núcleo contra a parede.
2.-
OBSERVANDO CÉLULAS HUMANAS:
práctica feita polos alumnos-as de 3º ESO
se queredes saber como o fixeron entrade na páxina  ciencia no moncho, no blog
O QUE VEDES NESTE MICROSCOPIO SON CÉLULAS HUMANAS EXTRAÍDAS DA MUCOSA BUCAL DUNHA RAPAZA DE 3º DA ESO.
COA SIMPLE OBSERVACIÓN XA VOS DECATADES DALGUNHAS DIFERENZAS COAS CÉLULAS DA CEBOLA, A MÁIS EVIDENTE E QUE AS CÉLULAS HUMANAS NON POSÚEN PAREDE QUE AS PROTEXA, COMO AS VEXETAIS.
TAMÉN OS DECATAREDES DE QUE SON MÁIS PEQUENAS ,POIS AMBALAS DÚAS MOSTRAS, CEBOLA E MUCOSA, ESTÁN AOS MESMOS AUMENTOS.
EVIDENTEMENTE HAI MÁIS DIFERENZAS ENTRE AS CÉLULAS ANIMAIS E VEXETAIS, SE TEDES INTEREŚ EN SABER CALES SON PREGUNTADE AOS VOSOS PROFESORES-AS DE CIENCIAS, QUE ESTAREMOS ENCANTADOS DE RESOLVER AS VOSAS DÚBIDAS.
3.-
DE VERDADE SOMOS TAN DIFERENTES DOS RESTO DAS ESPECIES? 
PREMIO AO QUE TEÑA O MELLOR OLLO
Todos temos unha orixe común, e como todo o mundo sabe, o noso principal antecesor e ao que mais parecémonos é o mono. Pero igual que somos familia do mono tamén o somos do resto das especies: de fungos, plantas, bacterias, protozoos e do resto de animais.
Se nos preguntasen que se parece máis, un embrión de persoa e un embrión de mono, ou os dun mono e un golfiño?que contestariamos? Estou certo de que a resposta sería a primeira opción, pero é incorrecta, parécense os tres por igual.
Aquí vos deixo unhas fotografías de embrións de ser humano e doutros animais para que comprobedes que non somos tan distintos como cremos.

Tratade de identicar os diferentes embrións, e apuntade a vosa resposta xunto co voso nome na folla da mesa. Dentro dunha semana daremos a resposta correcta e publicaremos o nome dos alumnos-as con mellor ollo.
                           1                                                                                                                 2
 

3

4

 
                                                                                5

                                                                                 6
                         7                                                                                                             8
 
9

DENTRO DUNHA SEMANA DAREMOS A RESPOSTA CORRECTA E PUBLICAREMOS OS NOMES DOS ACERTANTES:


Pon o teu nome na columna de abaixo

e pon o número que ti creas que corresponde a cada animal na columna correspondente

Ser humano

elefante

golfiño

quenlla

polo

tartaruga

gato

can

rato

Ovos frescos sen casca


 

 

 

 Sabedes como podedes sacar a casca dun ovo fresco sen rompelo? É moi fácil, so tes que facer o que fixemos nos:
-Poñer o ovo en vinagre
-Ás 48 horas lavalo con coidado e xa o tedes.

Que pasou? O ácedo acético do vinagre atacou o carbonato cálcico da casca do ovo liberando dióxido de carbono así, a casca disolveuse.

 

 

 

 

 

Formación de cristais


Unha forma sinxela de fabricar cristais é facelo con sulfato de cobre (se pode mercar na droguería).

O procedemento é: facer unha disolución sobresaturada de sulfato de cobre e vertela sobre distintos recipientes.




Que pasará?:

-Nada.

-Formaranse cristais iguais.

-Formaranse distintos tipos de cristais.




Cando a auga evaporou, vimos que se formaran cristais iguais.

Na nosa experiencia tamén vimos que se introducimos na disolución calquera obxecto, por exemplo uns fíos, sobre el formaranse cristais.


XERMINACIÓN
Esta experiencia non vos é allea, seguro que xa a coñecedes, pero...
Cal pensas que será a primeira semente en xerminar? Vota!!!




En dúas semanas tivemos a solución: inda que ao principio parecía que gañaban os garabanzos, finalmente gañaron as lentellas.

 


ÓPTICA
Ás veces o que cremos ver non é a realidade, é unha ilusión óptica. Pode ser de caracter psicolóxico ou cognitivo. Non están sometidos á vontade e poden variar dunha persoa a outra.
Aquí tes algúns exemplos:






Escoitaches falar do OLLO MÁXICO?, son imaxes tridimensionais escondidas e que poderás ver con paciencia e concentración.
Inténtao!!

TECNOLOXÍA
formigón armado a proba de rapaces-as



















FÍSICA
TRATAMENTOS TÉRMICOS
EXPERIENCIA REALIZADA POLOS ALUMNOS DO CICLO SUPERIOR:ANÁLISE E CONTROL DA CALIDADE









Procedemento:
Un tamaño de gran grande e de contorno definido nunha estructura cristalina pode estar asociado , en determinadas circunstancias a unha gran dureza no material, como ocorre con substancias puras como o diamante, máis nas aliaxes de ferro e carbono, como fundicións ou aceiros ocorre o contrario. Un gran pequeno nunha fundición ou nun aceiro fai que esta sexa menos fráxil e máis resistente ós impactos
Tratamento de Normalizado
Obxectivo: eliminar tensións internas no material
Procedemento: Quecer durante unha hora a 850ºC e deixar arrefriar ó aire á temperatura ambiente.
Tratamento de Recocido
Obxectivo: abrandar o material para podelo traballar mellor.
Procedemento: Quecer durante unha hora a 850ºC e deixar arrefriar no forno apagado ata o chegar á temperatura ambiente.
Tratamento de Templado
Obxectivo: aumentar a dureza e a resistencia mecánica
Procedemento: Quecemento entre 800 ºC e 900 ºC seguido dun arrefriamento rápido en auga con sal ou aceite ata chegar á temperatura ambiente.

Fotografias
As Fotografías foron tomadas mediante microscopio metalográfico a 400 aumentos das probetas (mostras) de embaixo e que terás que relacionar axeitadamente, na folla das respostas a esta cuestión, posto que non están no mesmo orden.
FOTO A: NORMALIZADO       FOTO B: RECOCIDO          FOTO C: TEMPLADO

Probetas
Cada unha destas probetas corresponde a un parafuso sometido a un dos tratamentos térmicos sinalados nas microfotografías do panel.
Por medio dun durómetro Rockwell, aparello provisto dun dispositivo con forma de punta cónica que penetra no material e que mide a forza que fai por cada mm2 para deixar a marca que podes ver en dito material, mídese a dureza que aparece indicada en cada probeta .
PROBETA Nº 1 DUREZA ROCKWELL C = 86
PROBETA Nº 2 DUREZA ROCKWELL C = 95
PROBETA Nº 3 DUREZA ROCKWELL C = 88

LE ATENTAMENTE A INFORMACIÓN NO PANEL E RESPONDE AS SEGUINTES CUESTIÓNS :

1. ¿CAL DESTES DOUS PARAFUSOS TERÁ MAIOR DUREZA?


2. ¿CAL MAIOR RESISTENCIA Á TRACCIÓN?


3. ¿ A QUE FOTO CORRESPONDE CADA PROBETA (MOSTRA)?


4. ¿CAL É O TRATAMENTO QUE PRODUCE UN TAMAÑO DE GRAN MÁIS PEQUENO?


5. ¿QUE TRATAMENTO TÉRMICO DA MÁIS DUREZA A UNHA ALEACIÓN DE FERRO E CARBONO?


INCRIBLE NATUREZA


A partir de hoxe presentamos un novo reto. Temos 15 maravillas da natureza que todo o que quera participar deberá identificar. Como algunhas son verdadeiramente difíciles aportamos catro opcións posibles donde unha soa é a verdadeira. Este reto poderase ampliar con novos obxectos. Animádevos a participar!!!














































































































































































































































































































































































3 comentarios:

  1. paceme moi ben que se faigan estas cousas porque nos achega ao mundo da ciencia.

    ResponderEliminar
  2. pois pareceme moi ben e moi interesante por un ano mais a ciencia dexame asombrado

    ResponderEliminar