ESTE BLOG UTILIZA IMAXES CON INTENCION EDUCATIVA E DIVULGATIVA. SE ALGUNHA ESTIVERA SUXEITA A DEREITOS DE AUTOR ROGAMOS SE NOS COMUNIQUE.

@S GRANDES OLVIDADOS-AS DA CIENCIA.

HIPATIA de ALEXANDRIA

Hipatia naceu en Alexandría a mediados do século IV, Teón, o seu pai, transmitiulle coñecementos sobre as Matemáticas e a Astronomía..
Tamén se interesaba pola mecánica e a tecnoloxía. Inventou un aparello para destilar a auga, un hidrómetro graduado para medir a densidade dos líquidos e un artefacto para medir o nivel da auga. A casa de Hypatia converteuse nun lugar de ensino onde acudían estudantes de todas partes do mundo coñecido, atraídos pola súa fama

Morte de Hipatia
Hipatia era pagá nunha cidade cada vez máis cristiá. Algúns filósofos convertéronse ao cristianismo, pero Hypatia non. Aos seus inimigos, lles era posible comprender nin tampouco consentir que unha muller se dedicase á ciencia. Un grupo de cristiáns foron na súa busca , golpeárona, espírona e arrastrárona por toda a cidade cortando a súa pel e o seu corpo con buguinas afiadas ata que morreu; a continuación descortizaron o seu corpo e finalmente queimárono.
A partir da morte de Hypatia o interese polas ciencias foi debilitándose e a Historia entrou no escurantismo.




TRÓTULA de
SALERNO (- 1097)

A primeira xinecóloga da historia.
.
Trótula liderou un grupo de mulleres médicas chamadas as Damas de Salerno. A escola de Salerno foi considerada a primeira universidade de Europa e foi o primeiro centro médico non conectado á Igrexa
As súas teorías médicas foron incriblemente avanzadas,tocou temas sobre o cancro , as enfermidades da pel , o control da natalidade, as causas e tratamentos da infertilidade e sinalou que é "igualmente frecuente que a concepción se vexa impedida por un defecto do home como da muller" .

Fixo os primeiros traballos pediátricos da historia e escribiu o primeiro tratado de Xinecoloxía "As enfermidades das mulleres antes, durante e despois do parto”

Grandes historiadores da medicina consideraron que os seus libros eran demasiado profundos para a mente dunha muller e trataron de eliminala da historia. Empezaron a atribuír os seus libros ao seu marido, ata que o seu nome foi definitivamnte substituído pola súa forma masculina: Trottus.

É outra maneira de matar á muller: negar o seu traballo,a súa capacidade, a súa intelixencia, a súa historia. Por sorte para a historia da medicina e para a historia das mulleres, hoxe Trótula é estudada nas Universidades.




LADY MARY MONTAGU
Mary Wortley Montagu(1689-1762) era unha muller moi interesada polo saber e procurouse coñecementos, como moitas outras mulleres da súa época, de xeito autodidacta, nunha época en que a educación estáballes vedada ás mulleres. Aos 14 anos dominaba o latín e o francés e lera autores como Moliere.En 1702 contraeu matrimonio, a sorte quixo que o seu esposo fose nomeado embaixador en Turquia e Mary acompañouno.Mentres estaba en Turquía coñeceu a práctica da vacina. Ela mesma mostraba as cicatrices das vexigas e perdera a un irmán pola mesma causa.

O derradeiro caso de vexigas no mundo deuse en 1977.O virus foi eliminado da poboación humana.
Mary fixo inocular aos seus propios fillos e ao seu regreso tratou de introducir en Europa a práctica da vacinación, atopando un gran número de prexuízos entre médicos e científicos, o que fixo atrasar sesenta anos a adopción da vacina en occidente.
Hoxe en día, as vexigas é unha enfermidade erradicada, pero durante séculos foi unha das enfermidades máis temidas no mundo.
Calcúlase que no s. XVIII as vexigas produciu no mundo 60 millóns de vítimas mortais. Só en Inglaterra, a enfermidade cobrábase 40.000 persoas anualmente, o que pon de manifesto que esa enfermidade fose considerada unha auténtica peste.


ISABEL DE ZENDALA Y GÓMEZ
(A Coruña ¿/?)

A primeira enfermeira de saúde pública internacional
A comezos do século XIX, a enfermidade da varíola era unha das epidemias máis virulentas e terribles que afectaban a toda a humanidade. O 30 de novembro de 1803 parte do porto da Coruña a bordo da corveta María Pita, a Real Expedición Filantrópica da Vacina da Varíola, con o obxectivo de levar a vacina ás colonias españolas en América.Isabel é a única muller que participa na Expedición ,sendo considerada dende entón a primeira muller que participó oficialmente nunha expedición marítima.

A vacina foi transportada nos brazos de 22 nenos e nenas de entre 8 e 10 anos, do hospicio da Coruña (donde Isabel era reitora) que, formando unha cadea humana de vacinación brazo a brazo, mantiveron con vida o virus.

Isabel responsabilizouse da selección e coidado dos rapaces. Foi unha muller valente, e aventureira e é a grande esquecida nunha historia escrita por e para homes. Suponse que morreu en México, donde o galardón máis alto ao que pode aspirar calquera profesional da enfermaría leva o seu nome.

Unha vez máis, topámonos cunha mostra de recoñecemento internacional dunha muller totalmente esquecida na historia de Galiza, a pesar de ser este o seu país natal.

Edward Jenner (descubridor da vacina contra as vexigas) afirmou en 1806: “Non me imaxino que nos anais da historia haxa un exemplo de filantropía tan nobre e tan extenso como este.
Humboldt escribía en 1825:”Esta viaxe permanecerá como o máis memorable nos anais da historia”


OLIMPIA VALENCIA
Baltar 1898 - Vigo 1987
A primeira galega licenciada en Medicina pola USC






Olimpia Valencia López naceu en Baltar, provincia de Ourense, o 14 de decembro de 1898. Cando tiña doce anos marchou a Vigo, onde residirá, agás a etapa universitaria en Santiago de Compostela e Madrid. Filla única dunha familia acomodada, a súa vida representa á vez un caso singular, mais tamén significativo, da incorporación da muller ao eido académico e profesional no primeiro terzo do século XX en España, avance dramaticamente interrompido pola sublevación militar de 1936.

 Olimpia estudou Medicina, decisión que foi respectada pola súa familia pero peor acollida por moitas das súas amizades, por consideraren que non era unha carreira axeitada para mulleres. En 1919 ingresa na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago e, como as escasas alumnas doutras facultades, facía unha vida austera: estudar e pasear pola Ferradura. Tivo como profesores a Novoa Santos, Gil Casares e Romero Molezún. En 1925 converteuse na primeira muller galega en obter a licenciatura en Medicina. O seu expediente académico inclúe dezanove matrículas de honra e premio extraordinario de licenciatura.
A Olimpia Valencia teríalle gustado ficar na clínica do doutor Gil Casares, onde se trataban enfermidades do pneumotórax, mais neste caso por presións familiares (naquel tempo non se xulgaba oportuno que as mulleres tratasen medicamente os homes) e tamén por influencia dos catedráticos, que pensaban que tiña que dedicarse a cuestións relativas á maternidade, inclinouse pola especialización en Xinecoloxía. Trasladouse a Madrid para preparar a súa tese de doutoramento e alí instalouse na Residencia de Señoritas, dirixida por María de Maeztu. O 23 de febreiro de 1928 estableceuse en Vigo e deuse a coñecer cunha placa na porta e cun anuncio na prensa: "Olimpia Valencia. Especialista en enfermedades de la mujer". Nun principio tivo moitas dificultades para que lle recoñecesen a súa condición de "médico", mais pouco a pouco foi gañando prestixio profesional.
Muller de inquietudes culturais, vencellada a Galicia, tivo relación con varios recoñecidos intelectuais e galeguistas, como Paz Andrade, Álvaro de las Casas ou Fernández Mato. Aceptou encabezar en xuño de 1931 un chamamento de apoio aos candidatos galeguistas da provincia de Pontevedra e outro en xuño de 1936 en prol do si no Plebiscito do Estatuto Galego, ambos os dous documentos estaban asinados só por mulleres. En febreiro de 1937 foi detida e pasou catro días no cuartel da Garda Civil acusada de pertencer ao Partido Galeguista (acusación que ela negará) e de ter trato con xente de esquerdas. Os bos informes sobre o seu comportamento e un "donativo" conseguiron que saíse en liberdade. Os anos seguintes foron de gran dureza: acusada de "roja", moitas persoas deixaron de ir á súa consulta. Na década de 1940 conseguiu entrar na Seguridade Social e xubilouse na década de 1960.
A guerra e o franquismo fixeron que esta muller vivise retirada e centrada na vida familiar e no traballo. No seu haber hai que salientar tamén que foi membro fundador da Academia Médico-Quirúrgica de Vigo e da Alianza Francesa desta cidade. Olimpia Valencia seguiu a traballar con máis de oitenta anos na súa consulta particular, na liña dunha vida austera dedicada á profesión e ao estudo. Foi recoñecida sempre pola súa elegancia persoal, discreción e calidade humana. Morreu no verán do ano 1987.

Se queres ler a entrevista a a Olimpia Valencia.  publicada no xornal Faro de Vigo o 20 de novebro de 1971. entra aquí
http://www.culturagalega.org/album/docs/olimpia_doc_01.pdf


ROSALIND FRANKLIN (Londres 1920-1958)
Descobridora da estrutura do ADN

Rosalind tivo que superar os problemas de ser unhas muller no principio do século XX.Aos 15 anos fixo o exame para entrar na Universidade de Cambridge e  superouno con honras.
Ao principio o seu pai negouse a pagar os seus estudos, sendo posteriormente convencido e acabou por ser o seu confidente.
Graduouse no 1941 empezando deseguida a fecer o doutoramento.
                                                                                                                      foto 51

Grazas á foto 51 (nome dado a unha imaxe de ADN obtida por ela meidante difracción de raios X en 1952), os descubridores do ADN ,Watson e Crick, chegaron a formular a súa hipótese sobre a estrutura helicoidal do ADN, polo que foron merecedores do premio nobel de ciencias.Porén ela foi ninguneada e non se  fixo xustiza a súa aportación a tal descubrimento.
Ademais da famosa fotografía, Rosalind, liderou varios traballos pioneiros relacionados con virus.                   
Faleceu en 1958 dun cancro de ovarios.                                                                      





































































3 comentarios:

  1. estan tan olvidados que xa non me lembro deles..

    ResponderEliminar
  2. É moi interesante¡¡¡ Gustoume moito ,está m,oi ben ¡¡

    ResponderEliminar