ESTE BLOG UTILIZA IMAXES CON INTENCION EDUCATIVA E DIVULGATIVA. SE ALGUNHA ESTIVERA SUXEITA A DEREITOS DE AUTOR ROGAMOS SE NOS COMUNIQUE.

25 may 2011

INCRIBLE NATUREZA















A partir de hoxe presentamos un novo reto. Temos 11 maravillas da natureza que todo o que quera participar deberá identificar. Como algunhas son verdadeiramente difíciles aportamos catro opcións posibles donde unha soa é a verdadeira. Este reto poderase ampliar con novos obxectos. Animádeos a participar!!!

13 abr 2011

Visita á Central Térmica



Os alumnos de 2º E.S.O. visitaron o pasado 12 de Abril as instalacións da Central Térmica de ENDESA en As Pontes. Unha actividade complementaria programada dende o Departamento de Bioloxía.
Os rapaces tiveron a oportunidade de facer un percorrido para ver o funcionamento da Central Térmica da nosa localidade.
Na visita puideron observar:
- Maqueta da Central.
- Parque de carbón.
- Torre de refrixeración.
- Sala de Control.
Remataron o percorrido no Miradoiro do Tesouro, onde contemplaron o Lago ubicado sobre os terreos que ocupaba antes a Mina de Lignito.

24 mar 2011



XERMINACIÓN

Esta experiencia non vos é allea, seguro que xa a coñecedes, pero…
Cal pensas que será a primeira semente en xerminar?
Vota!!











A solución atopámola ás dúas semanas.

Inda que ao principio gañaban os garabanzos, finalmente triunfaron as lentellas.

3 mar 2011

botade unha ollada a este video e veredes como en galicia as cousas tamén se poden facer ben



"Océanos vacios" recibiu o X Premio Nacional de Xornalismo 'Doñana' ao Desenvolvemento Sostible outorgado pola Fundación Doñana 21. O xurado valorou a orixinalidade do seu formato e a formulación informativa á hora de presentar unha mesma realidade en dous espazos xeográficos diferentes: o golfo San José, en Península Valdés na Patagonia arxentina e o pobo pesqueiro de Lira, en Galicia. En ambos os lugares prímase a aposta por modelos sostibles e tradicionais de pesca.