ESTE BLOG UTILIZA IMAXES CON INTENCION EDUCATIVA E DIVULGATIVA. SE ALGUNHA ESTIVERA SUXEITA A DEREITOS DE AUTOR ROGAMOS SE NOS COMUNIQUE.

GRANDES FITOS NO MUNDO DA CIENCIA

Real Expedición Filantrópica da Vacina


A Real Expedición Filantrópica da Vacina, coñecida como Expedición Balmis en referencia ao médico español Francisco Javier de Balmis, foi unha expedición de carácter filantrópico que deu a volta ao mundo e durou de 1803 ata 1814. O seu obxectivo era en principio que a vacina das vexigas alcanzase todos os recunchos do por entón Imperio español, xa que a alta mortalidade do virus estaba ocasionando a morte de miles de nenos.

O Rei Carlos IV apoiou e sufragou con fondos públicos ao médico da corte Dr. Balmis na súa idea dunha vacinación masiva de nenos ao longo do imperio, xa que a súa propia filla a Infanta María Luisa sufrira a enfermidade.

A expedición saíu do porto da Coruña un 30 de novembro de 1803. Esta é considerada a primeira expedición sanitaria internacional na historia.

Percorrido da expedición.


A operación comezouse co frete do navío María Pita que levaba a 22 nenos orfos (de entre 8 e 10 anos) que foran inoculados coa vacina aínda viva no seu corpo; Balmis, un prestixioso cirurxián; 2 médicos asistentes, 2 prácticos, 3 enfermeiras e a reitora do orfanato, Casa de Expósitos da Coruña, Isabel de Zendala y Gómez(podes ver no blog a súa historia, en @s grandes olvidados-as da ciencia).
 Pódese entender globalmente como «unha caravana infantil con rumbo ao Novo Mundo para transportar a vacina e previr as epidemias de vexigas. Dando como resultado un das viaxes máis estrañas que ten como protagonista ao medicamento e á ciencia no século XIX».
A misión conseguiu levar a vacina ata as Illas Canarias, Colombia, Ecuador, Perú, México, as Filipinas e China.O barco levaba instrumental cirúrxico e instrumentos científicos, así como a tradución do Tratado práctico e histórico da vacina, de Moreau de Sarthe, para ser distribuído polas comisións de vacinación que se fundasen.


monumento que había no paseo do Parrote no porto da Coruña en homenaxe aos nenos orfos que partiron coa expedición,agora no seu lugar hai unha horripilante estatua da virxe do carmen

No hay comentarios:

Publicar un comentario