ESTE BLOG UTILIZA IMAXES CON INTENCION EDUCATIVA E DIVULGATIVA. SE ALGUNHA ESTIVERA SUXEITA A DEREITOS DE AUTOR ROGAMOS SE NOS COMUNIQUE.

CIENCIA NO MONCHO

     1.-   EXPERIENCIAS                          
a.- Fabricamos papel reciclado
O papel usado pòdese aproveitar para reciclalo.
                                1.- MATERIAIS QUE NECESITAMOS:



                                             2.- DESCRICIÓN DO PROCESO:
a)-Cortamos o papel en pequenos anaquiños



b) Pesámolo,para ver a cantidade de auga que imos utilizar.

c) Batémolo ben podemos botar cola na mestura para conseguir unha mellor pasta.Tamém podemos dar cor ao papel botando colorantes na pasta.


d) Metemos o baruto,do tamaño que eleximos, e mexemos un pouco para distribuir ben a pasta de papel.



e) Colocamos o papel con moito coidado,sobre uns panos,dando a volta o baruto, e presionamos cun trapo para eliminar exceso de auga.


f) agora se queremos podemos decoralo con follas,flores,fíos, etc


g) prensamos varias follas xuntas,meténdoas entre follas de xornal



E xa temos o noso papel.


b.-Ratos no laboratorio: vos lembrades deles? 


se non e así botade un ollo ao noso blog   http://ratosnolaboratorio.blogspot.com/


2.-PRÁCTICAS DE LABORATORIO:

3º ESO
  1. Observación de células da epiderme da cebola


MATERIAL

Microscopio
Portaobxectos
Cubreobxectos
Cubeta
Agullas enmangadas
Pinzas
Escalpelo
Verde de metilo acético ou azul de metileno
Contagotas
Cebola



TÉCNICA

1.- Separar unha das follas interna da cebola e desprender a tenue membrana que está adherida pola súa cara inferior cóncava.
2.- Depositar o fragmento de membrana nun porta cunhas pingas de auga. Pon o porta sobre a cubeta de tinción para que caia nela a auga e os colorantes. Se é preciso, estirar o anaco de epiderme con axuda de dúas agullas enmangadas.
3.- Escurrir a auga, engadir unha pingas de verde de metilo acético (ou azul de metileno) sobre a membrana e deixar actuar durante 5 minutos aproximadamente. ¡Non debe secarse a epiderme por falta de colorante ou por evaporación do mesmo!
4.- Co contagotas bañar a epiderme con auga abundante ata que non solte colorante.
5.- Colocar sobre a preparación un cubreobxectos evitando que se formen burbullas e levala ao microscopio.
6.- Observa a preparación a distintos aumentos, empezando polo máis baixo.. 

   2. Observación de células da mucosa bucal humana

MATERIAL

Microscopio
Portaobxectos

Cubreobxectos
escarvadentes
Verde de metilo acético ou azul de metileno
Contagotas

PROCEDEMENTO
1. Tomar un portaobxectos e un cubreobxectos ben limpos e secos.

2. Tirando do beizo inferior cara a fóra, raspar a parte interna do mesmo co bordo do portaobxectos ou co escarvadentes.
3. Colocar unha pinga de auga no centro do portaobxectos
4. Cun escarvadentes , estender a mucosa extraída e dispersala na pinga de auga. A isto chámaselle realizar un frotis.

5. Tinguir as preparacións cunha pinga de azul de metileno.
6. Colocar o cubreobxectos
7. Observar ao microscopio, enfocando progresivamente cos obxectivos de maior aumento.



3 comentarios:

  1. MOI BEN. XA PARIRON OS RATOS?

    ResponderEliminar
  2. A seguir con estas ideas de formentar a nosa ciencia,ánimo e coidade esos ratos.

    ResponderEliminar
  3. Que lindos!! Parécenos unha experiencia única.

    ResponderEliminar